lunes, 29 de junio de 2015

REQUISITOS DE RECUPERACIÓN DOS DISTINTOS MÓDULOS

REQUISITOS DE RECUPERACIÓN DOS MÓDULOS PROFESIONAIS:

Módulos profesionais de PCP, DEPILACIÓN e COLORACIÓN mediante exame global con 10 preguntas tipo test (0,50 cada resposta correcta)  e 5 preguntas de desenrolo.

Entrega dos cadernos completados con todos os exercicios o día 2 de Setembro.

Módulos profesionais de CAMBIOS DE FORMA con exame práctico dividido en:


  • Rulos atrás, de lado con raia e sen raia.  Tempo máximo para cada traballo 20min (9 a 10h)

  • Rizado de puntas con anelas . Tempo máximo de 40min

  • Bigudíes. Tempo máximo de 45min (Durante o proceso realizaranse cuestións sobre os cambios de forma permanentes a nivel oral)
Os traballos realizados deben ser executados con precisión en canto a pulido do cabelo, recollido da punta…no tempo estimado.




REQUISITOS DE RECUPERACIÓN MÓDULOS COMÚNS

1.      Aprobar (mín. 5 puntos) os exames de recuperación.
Dito exame estará dividido en dúas partes: unha tipo test (5 puntos) e outra de preguntas para desenvolver (5 puntos).
*No caso do inglés: Preguntas tipo test e de encher os ocos.

2.      Entrega dos cadernos COMPLETADOS (con todas as actividades, tendo en conta a orde, a presentación, a ortografía...)

3.      Lectura dun libro en galego adaptado a idade do alumno/a e posterior resumo e comentario persoal.

4.      Compromiso por escrito do aproveitamento das clases cara o curso que ven (atención na aula, relación cos compañeiros/as, respecto, traballo diario, puntualidade, en definitiva cumprimento das normas). Este apartado será moi valorado no caso de ter o apartado de actitudes suspenso.

5.      Realización das actividades (fotocopias) aportadas polo profesorado o día da entrega de notas. Deberán ser entregadas o día 1 de setembro a cada profesor/a independentemente de ter exame con el/ela ese día).





No hay comentarios:

Publicar un comentario